O Sanmain
Como todos sabedes, pola nosa terra pasaron distintos poboadores ao longo dos séculos, entre eles os celtas. este pobo procedía do norte de Europa e espallou as súas costumes e tradicións en moitas zonas do continente (Europa, Francia, Irlanda...). No século XIX os irlandeses pasaron unha das peores épocas da súa historia, que levou a moitos deles a emigrar aos Estados Unidos para evitar morrer de fame. Eles foron os encargados de levar alí a festa do Sanmain celta, aínda que alí pasou a chamarse Halloween ou All Hallow^s Day, que ven sendo o día de Todos os Santos en inglés.
Coa chegada do 1º de novembro os celtas empezaban a ver signos da natureza inquedantes como as follas que empezaban a caer, que se facía antes de noite, que baixaba a temperatura... Eles crían que Muck Olla, o deus do Sol, estaba a perder forza porque sanmain, señor da morte, estaba a vencelo. Ademáis crían que o 31 de outono Sanmain xuntaba os espíritos de todos aqueles que morreran durante o ano anterior. ata entón eses espíritos estarían presos nos corpos dos animais, como castigo polos seus pecados. Na víspera de Sanmain (o 31 de outono) permitíaselle aos espíritos regresar aos seus fogares para visitar aos vivos.
Por outra banda, nas costumes desta festa tamén se mezcla a costume dos guerreiros de cortar as cabezas dos seus inimigos mortos como trofeo e para poseer a súa forza. Isto deu lugar a que se fixeran as tallas de cabazas para convertilas en caveiras, introducíndolle unha vela acendida e, colocándoas nas fiestras e nos cruces, espantar os espíritos dos mortos que andaban ceibes na noite de Todolos Santos.
A festa mantívose no noso país ata o de agora, de feito sigue habendo manifestacións que os avós lembran desde sempre en lugares tan distintos como Vilalba, Noia, a Illa de Arousa... O que se está facendo na actualidade é un traballo de recuperación dunha festa tradicional, (que non é unha copia galeguizada do Halloween) na que, normalmente, os avós decoraban as cabazas. Queredes ver como decoraron as cabazas as familias dos nenos e nenas dos Campos?
1 comentario
mariña mendez -